Aberto o Mercado de Nadal

Aberto o Mercado de Nadal

O Mercado de Nadal de Compostela abriu este sábado ao público na rúa Carreira do Conde e estará aberto ata o vindeiro 5 de xaneiro. A concelleira de Comercio, Marta Lois, visitou os expositores nesta xornada inaugural.

Dos 79 expositores desta edición do Mercado de Nadal destaca a pluralidade da oferta, xa que están representados sectores como alimentación, xoiería en prata, bixutería, complementos, cerámica, reciclaxe de madeira, decoración específica de Nadal, regalos, cosmética natural, xoguetes… Haberá un total de 14 expositores por cada unha das 6 quendas nas que se dividirá o mercado.

Horarios
O horario do Mercado será de luns a venres de 11:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:00 horas, e os sábados e domingos de 11:00 a 21:00 horas (horario ininterrompido). Tamén haberá un horario especial os días 24 e 31 de decembro (de 11:00 a 18:00 horas), o 25 de decembro e o 1 de xaneiro (de 18:00 a 21:00 horas) e o 5 de xaneiro (de 11:00 a 21:00 horas).

Espazo creativo
O Mercado de Nadal tamén terá este ano un Espazo Creativo, con diversos obradoiros de participación aberta ata completar aforo. Ao longo de 18 xornadas, sucederanse, tanto pola mañá como pola tarde, talleres nos que os e as participantes poderán aprender a facer xoguetes con material de refugallo, paxaaros con pelotas de ping pong, envoltorios para agasallos, colgantes para os árbores de Nadal… Algúns días tamén haberá unha ludoteca, con xogos e entretemento para os máis pequenos e pequenas.

1480769084photo188212674322082319        1480769119photo188212674322082318

Comentarios pechados.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR