Arranca este sábado o Mercado de Nadal, que contará con 79 expositores

Arranca este sábado o Mercado de Nadal, que contará con 79 expositores

O Mercado de Nadal de Compostela abre mañá sábado ao público na rúa Carreira do Conde e estará aberto ata o vindeiro 5 de xaneiro. Así o anunciou a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, quen avanzou que “este ano se presentaron 107 solicitudes, 21 máis que o ano pasado, e haberá finalmente un total de 79 expositores, superando en 23 a cifra do ano pasado”.

Dos 79 expositores destaca a pluralidade da oferta, xa que están representados sectores como alimentación, xoiería en prata, bixutería, complementos, cerámica, reciclaxe de madeira, decoración específica de Nadal, regalos, cosmética natural, xoguetes… Haberá un total de 14 expositores por cada unha das 6 quendas nas que se dividirá o mercado. As persoas solicitantes podían pedir a participación nunha ou varias quendas.

Horarios
O horario do Mercado será de luns a venres de 11:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:00 horas, e os sábados e domingos de 11:00 a 21:00 horas (horario ininterrompido). Tamén haberá un horario especial os días 24 e 31 de decembro (de 11:00 a 18:00 horas), o 25 de decembro e o 1 de xaneiro (de 18:00 a 21:00 horas) e o 5 de xaneiro (de 11:00 a 21:00 horas).

SONY DSC

Marta Lois valorou o número de solicitudes presentadas e amosouse “moi satisfeita pola cantidade de persoas que demostraron que queren formar parte do Mercado de Nadal, porque iso demostra a alta calidade dos nosos artesáns e das nosas artesás, non só en Compostela, senón no conxunto do país”.

Ademais, a concelleira lembrou o cambio de ubicación polo que se apostou este ano, optando por Carreira do Conde, “unha rúa peonil e de transición entre o Casco Histórico e o Ensanche que permite que tanto os comerciantes dunha como doutra zona se beneficien do fluxo de persoas que haberá durante estes días no Mercado”.

Espazo creativo
O Mercado de Nadal tamén terá este ano un Espazo Creativo, con diversos obradoiros de participación aberta ata completar aforo. Ao longo de 18 xornadas, sucederanse, tanto pola mañá como pola tarde, talleres nos que os e as participantes poderán aprender a facer xoguetes con material de refugallo, paxaaros con pelotas de ping pong, envoltorios para agasallos, colgantes para os árbores de Nadal… Algúns días tamén haberá unha ludoteca, con xogos e entretemento para os máis pequenos e pequenas.

1480680636imaxe_mercado_nadal

Comentarios pechados.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR