Navegación por
Categoría: Sin categoría

Son Xove e Son Vermú: a música será protagonista do Nadal na praza Roxa

Son Xove e Son Vermú: a música será protagonista do Nadal na praza Roxa

28/11/2023 Dinamizar o comercio, ofrecer alternativas de ocio á veciñanza, e poñer en valor o talento da mocidade de Compostela. Son os obxectivos das actividades de Nadal organizadas desde a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. A concelleira, María Rozas, explicou que “o Ensanche estará todo o mes de decembro cheo de actividades novidosas, pensadas para todos os públicos, e centralizadas na Praza Roxa, que será un dos puntos neurálxicos das festas”. A tenenta de alcaldesa deu conta dos detalles desta programación nunha rolda de prensa na que estivo acompañada pola técnica do departamento de Comercio, Lucía Castro, e pola responsable de Mocidade, Noela Vilas.

Son Xove e Son Vermú

A música estará moi presente na Carpa Roxa con dúas iniciativas novidosas nas que colaboran os departamentos de Xuventude e Comercio e que se desenvolverán nas tardiñas dos venres e nos mediodías dos sábados.

A primeira delas é a denominada “Son Xove”, que estará protagonizada polas bandas que utilizan os locais de ensaio do Centro Xove da Almáciga. María Rozas explicou que “con este programa procuramos un dobre obxectivo: contribuir á dinamización do Ensanche, e promocionar o talento mozo e local, do que temos que estar moi orgullosas”. A concelleira salientou que “para as bandas que forman parte do cartel é unha gran oportunidade poder tocar nun espazo como a Praza Roxa, onde se poderán dar a coñecer entre un público moi heteroxéneo”.
O “Son Xove” desenvolveráse todos os venres de decembro, con dúas actuacións en cada xornada, a primeira ás 20.00 e a segunda ás 21.00 horas. O programa arrancará o día 1, con dúas bandas que combinan o rock e o punk, Liskadakí e Killo Karallo. O 8 de decembro será o turno de Abella e Filloas; e o 15 tocarán Funky Kongs e Boa Sunet. Xa no 22 de decembro, será o turno de Las Sinsen e Ulex. Por último, para o 29 de decembro está prevista unha Jam de Nadal, que comezará ás 20.00 horas e na que participarán usuarios e usuarias dos locais de ensaio do Centro Xove.

En canto ao “Son Vermú”, é a proposta da concellaría de Promoción Económica e Comercio para dinamizar as mañás dos sábados de decembro no Ensanche, con música na Carpa Roxa desde ás 13.00 horas. Na primeira sesión, o 2 de decembro, poderemos escoitar a Espiño, o proxecto do coñecido músico compostelán Alfonso Espiño que, tal e como el explica, combina pop art, rock progresivo, folk e psiquedelia. Ao sábado seguinte, 9 de decembro, pola Carpa Roxa pasará Sheila Patricia, unha das voces que se teñen convertido en referencia en Galicia. O 16 de decembro o escenario da Praza Roxa será para a banda cubano-galega La Yuca Funk, e a pontevedresa Helena Egea, que vén de publicar o seu primeiro single, tomará o relevo o día 23. O “Son Vermú” pecharase o 30 de decembro coa actuación de Pauliña, outro nome xa consolidado do panorama musical galego, con tres albums publicados nos que mestura o folk, o rock e o blues.

Xogos, atraccións e outras actividades

Ademais das actuacións musicais, a Carpa Roxa acollerá outras actividades ao longo de todo o mes, desde baile tradicional a cantos de Nadal, pasando por obradoiros infantís ou unha sesión de contacontos en inglés para crianzas a partir de 3 anos, que se celebrará o 7 de decembro.

Doutra banda, de maneira complementaria á Carpa Roxa, na praza vanse ubicar pequenas atraccións para nenos e nenas, como unha mininoria a pedais, un pequeno tren, ou unha mininoria luminosa. As atraccións serán de balde, e iranse instalado de maneira progresiva desde o 6 de decembro ata o 7 de xaneiro. Os horarios de funcionamento serán de mañá e tarde do 6 ao 10 de decembro e do 22 de decembro ao 7 de xaneiro, salvo os días 24 e 31 de decembro nos que funcionarán só pola mañá, e os días 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro nos que permanecerán pechados. Fora do período das vacacións de Nadal e da Ponte da Constitución, funcionarán só de tarde de luns a venres, e todo o día nos sábados e domingos.

Por último, na Carpa Roxa vaise instalar, na tarde do 23 de decembro, a ruleta da campaña #EuMercoAquí, que repartirá agasallos para a clientela do comercio local. Para participar só será preciso achegarse co ticket dalgunha compra realizada entre o 1 e o 23 de decembro no comercio local, por un importe mínimo de 5 euros.

Mercado de Nadal de Carreira do Conde

A concelleira de Promoción Económica e Comercio tamén deu máis detalles hoxe do Mercado de Nadal de Carreira do Conde, que se celebrará desde o 1 de decembro ata o 5 de xaneiro. María Rozas reiterou que “esta é unha iniciativa xa consolidada no Nadal de Compostela, que cada vez xera máis interese entre a clientela pero tamén entre artesáns, produtores e comerciantes”. Desta volta, no Mercado haberá 15 casetas, e establecéronse cinco quendas, unha por semana, para garantir a participación do maior número de persoas interesadas posible.
O Mercado de Nadal funcionará en horario de mañá e tarde, de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.30 horas. Os días 24 e 31 de decembro abrirá só pola mañá, e o 25 de decembro e o 1 de xaneiro estará pechado.

O Mercado de Nadal contará cun espazo infantil no que se desenvolverán obradoiros e xogos para os nenos e nenas. Serán ás 18.00 horas os días de semana, e ás 12.00 e ás 18.00 os sábados e domingos. Nos talleres, os nenos e nenas aprenderán a facer grilandas, figuras de neve, caixiñas de agasallos, ou mesmo bolas de Nadal comestibles. As actividades serán tamén de balde.
O Mercado de Nadal de Carreira do Conde complementarase co mercado de Área Central, que se celebrará do 22 de decembro ao 5 de xaneiro. Entre as dúas localizacións participarán máis dun cento de empresas expositoras.

Programa das Festas de Nadal 2023

Política de cookies

Política de cookies

En cumprimento co disposto no artigo 22.2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, esta páxina web infórmao nesta sección sobre a política de recollida e tratamento de cookies.

Que son as cookies?

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu computador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario.

Que tipos de cookies utiliza esta páxina web?

Esta páxina web utiliza os seguintes tipos de cookies:

Cookies de análise: Son aquelas que ben tratadas por nós ou por terceiros, permítennos cuantificar o número de usuarios e así realizar a medición e análise estatístico da utilización que fan os usuarios do servizo ofertado. Para iso analízase a súa navegación na nosa páxina web co fin de mellorar a oferta de produtos ou servizos que lle ofrecemos.

Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da área restrinxida e a utilización das súas diferentes funcións, por exemplo, levar a cambio o proceso de compra dun artigo.

Cookies de personalización: Son aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario por exemplo serian o idioma ou o tipo de navegador a través do cal se conecta ao servizo.

Cookies publicitarias: Son aquelas que, ben tratadas por esta web ou por terceiros, permiten xestionar da forma máis eficaz posible a oferta dos espazos publicitarios que hai na páxina web, adecuando o contido do anuncio ao contido do servizo solicitado ou ao uso que realice da nosa páxina web. Para iso podemos analizar os seus hábitos de navegación na internet e podemos mostrarlle publicidade relacionada co seu perfil de navegación.

Cookies de publicidade comportamental: Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma desde a que presta o servizo solicitado. Este tipo de cookies almacenan información do comportamento dos visitantes obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o que permite desenvolver un perfil específico para mostrar avisos publicitarios en función do mesmo.

Desactivar as cookies.

Pode vostede permitir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no seu computador.

Na maioría da navegadores web ofrécese a posibilidade de permitir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo.

A continuación pode acceder á configuración das navegadores webs máis frecuentes para aceptar, instalar ou desactivar as cookies:

Configurar cookies en Google Chrome

Configurar cookies en Microsoft Internet Explorer

Configurar cookies en Mozilla Firefox

Configurar cookies en Safari (Apple)

Cookies de terceiros.

Esta páxina web utiliza servizos de terceiros para recompilar información con fins estatísticos e de uso da web. Úsanse cookies de DoubleClick para mellorar a publicidade que se inclúe no sitio web. Son utilizadas para orientar a publicidade segundo o contido que é relevante para un usuario, mellorando así a calidade de experiencia no uso do mesmo.

En concreto, usamos os servizos de Google Adsense e de Google Analytics para nosas estatísticas e publicidade. Algunhas cookies son esenciais para o funcionamento do sitio, por exemplo o buscador incorporado.

O noso sitio inclúe outras funcionalidades proporcionadas por terceiros. Vostede pode facilmente compartir o contido en redes sociais como Facebook, Twitter ou Google +, cos botóns que incluímos para ese efecto.

Advertencia sobre eliminar cookies.

Vostede pode eliminar e bloquear todas as cookies deste sitio, pero parte do sitio non funcionará ou a calidade da páxina web pode verse afectada.

Se ten calquera dúbida acerca da nosa política de cookies, pode contactar con esta páxina web a través das nosas canles de Contacto.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies