Éxito de participación no Mercado de Nadal

Éxito de participación no Mercado de Nadal

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, fixo un balance do que foron as actividades programadas polo Concello durante este Nadal. Unha programación transversal na que participaron os departamentos de Acción Cultural, Centros Socioculturais, Comercio, Deportes, Mocidade,Turismo ou Medio Ambiente, entre outros.

Xan Duro cualificou o resultado destas actividades como “moi satisfactorio e positivo, non só pola alta participación na maior parte de actividades senón polo retorno que obtivemos das mesmas na cidade”. Dende o Concello de Santiago fíxose o esforzo por achegar “un amplo abano de actividades pensadas para todos os públicos e todos os barrios” e, por iso, este ano houbo unha grande implicación da rede de centros socioculturais, que incorporaron varias actividades novidosas.

A Carreira do Conde acolleu este ano o Mercado de Nadal, que este ano non só tivo éxito de público, senón tamén de casetas, cun total de 65 postos instalados en seis quendas. Xan Duro asegurou que “resultou ser un éxito como dinamizador, tanto do Ensanche como do Casco Histórico, pola zona na que o ubicamos este ano, na Carreira do Conde, rúa de tránsito peonil entre ambas zonas da cidade”. De feito, estímase que polo Mercado pasaron aproximadamente 17.000 persoas, e preto de mil polos obradoiros infantís e para adultos.

Comentarios pechados.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR