Queda unha semana!!

Queda unha semana!!

Compostela, 26 de novembro do 2016 – Queda unha semana para que chegue o Mercado de Nadal en Compostela e seguimos traballando arreo para que todo estea preparado.

acebo-para-webO Mercado contará con 15 postos de venda instalados en casetas montadas especificamente para esta finalidade. Mudamos o emprazamento á Carreira do Conde xa que se trata dun espazo idóneo canto ás súas condicións (rúa peonil) e localización nun lugar céntrico e doadamente accesible por parte do público visitante.

Os visitantes terán moito onde elixir. Os postos rotarán cada 6 días, polo que sempre haberá sorpresas no #mercadonadalscq.

En canto a horarios, hai moitas ocasións para visitar o Mercado. O horario de apertura ao público será de 11:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:00 de luns a venres; e de 11:00 a 21:00 horas (horario ininterrompido) os sábados e domingos, agás certas datas que terán horarios especiais. O 24 e o 31 de decembro de 11:00 a 18:00 horas; o 25 de decembro e o 1 de xaneiro de 18:00 a 21:00 horas; e o 5 de xaneiro de 11:00 a 21:00 horas, todas elas en horario ininterrompido.

O Mercado de Nadal será unha das citas destacadas do Nadal, aberto desde o sábado 3 de decembro.

Comentarios pechados.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR