Empaquetando Ando

Empaquetando Ando

En Empaquetando Ando pensamos que xa abonda de entregar agasallos envoltos en papel da tenda onde o compraches. E non porque estean mal empaquetados, senón porque moitas veces desvelan o contido sen ter que abrir o agasallo.

Empaquetar persoalmente demostra o interese que se puxo á hora de regalar. Non é complicado e pódense facer paquetes moi distintos. Tampouco é necesario gastar máis no envoltorio que no propio regalo, pero si é boa idea comprar un rolo de papel e unha cinta dunha cor que combine. Tamén podes ir gardando papeis e cintas recibas sempre que estean en bo estado.

Como ves, temos ideas dabondo para que os teus agasallos sempre destaquen.

 

Os comentarios están pechados.