Navegación por
Etiqueta: alimentación

Ánades Galicia

Ánades Galicia

Foie gras, confit e xamón de pato feitos dun xeito especial. Ánades Galicia elabora os seus produtos con aves mercadas en Francia e criadas aquí, nun bosque de castiñeiros situado en Vilardevós, para lograr un produto final que hai que probar.

Calpurnia’s Bakery

Calpurnia’s Bakery

En Calpurnia´s Bakery tes todo un mundo de artesanía en doces a túa disposición.

Cupcakes, galletas decoradas, tortas persoalizadas en fondant, layer cakes, cookies, cake pops, macarons, brownies, muffins, bolería e todo o que se nos poida ocorrer.

Para un cumpreanos, un aniversario, unha festa, un domingo ou calquera día da semana, Calpurnia’s Bakery está sempre que a necesites.

A Tenda da Caldeirería

A Tenda da Caldeirería

A Tenda da Caldeirería é unha tenda de barrio, situada no mesmo establecemento no que abría as súas portas en 1953 o clásico compostelán Ultramarinos Recouso. Os ultramarinos coloniais, ou simplemente ultramarinos, eran os comercios que naqueles anos ofrecían aos veciños produtos entón exóticos, procedentes de ultramar, e enlatados para unha longa conservación.

En A Tenda dá Caldeirería énchenos de orgullo continuar aquela aventura, baseándonos na atención esmerada ao cliente, unha variedade única de produtos de calidade a prezos competitivos, e a comodidade do comercio de proximidade.

Non somos unha franquicia nin unha tenda de recordos: o noso obxectivo é continuar sendo esa tenda de barrio, auténtica, próxima e ben coidada, na que os santiagueses de nacemento e de adopción confiaron desde fai xa máis de seis décadas.

Convidámoste a pasar e a deixarte embriagar polos aromas das nosas especias a granel, os nosos tés e cafés de importación, os mellores queixos de Galicia e da Meseta, legumes a granel, doces e chocolates, embutidos, os mellores viños e licores, tanto de adega como caseiros… Estaremos encantados de saudarte!

 

Casa Curtis

Casa Curtis

Casa Curtis trae ao #mercadonadalscq productos de alimentación moi especiais. Embutidos de caza, avestruz, touro, cervo, xabarín, ademais de queixos artesáns e licores feitos co coidado que precisan produtos tan exquisitos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies