Mercado municipal de Nadal 2025-2026: abre o prazo de inscrición para utilizar os postos de Carreira do Conde e Área Central

Mercado municipal de Nadal 2025-2026: abre o prazo de inscrición para utilizar os postos de Carreira do Conde e Área Central

No Mercado de Nadal poderán participar as persoas comerciantes, artesás e produtoras; que poderán solicitar posto nas dúas localizacións e en diferentes quendas. No proceso de selección das solicitudes, daráselle prioridade aos produtos de carácter artesanal, e nas tres primeiras quendas, a aqueles vinculados coa decoración do Nadal. No caso de Carreira do Conde, seleccionaranse tamén postos de alimentación e bebidas quentes que acheguen estruturas propias de exposición. 

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata as 14:00 horas do 28 de outubro. O trámite realizarase cubrindo este formulario. Ao tempo, as persoas físicas ou xurídicas interesadas deberán achegar a documentación requirida nas bases ao enderezo mercadonadal@gmail.com. O 8 de novembro publicarase a listaxe provisional da adxudicación das quendas e emprazamentos, e as persoas interesadas deben confirmar a súa aceptación da quenda adxudicada antes do 13 de novembro.

Quendas e horarios do mercado

O departamento municipal de Comercio volve organizar o xa tradicional Mercado Municipal de Nadal, co obxectivo de dinamizar un sector que é fundamental para Santiago nunha das épocas do ano de maiores vendas. O mercado volverá celebrarse na rúa Carreira do Conde entre o 28 de novembro e o 5 de xaneiro, e estableceranse cinco quendas de participación: do 28 de novembro ao 5 de decembro, do 6 ao 12 de decembro, do 13 ao 20 de decembro, do 21 ao 28 de decembro, e do 29 de decembro ao 5 de xaneiro. O mercado contará cun total de 15 casetas, e cun máximo de cinco postos exteriores de alimentación.

Tamén haberá Mercado de Nadal en Área Central do 20 de decembro ao 5 de xaneiro, neste caso con dúas quendas de participación e cun total de 15 postos en cada unha das quendas.

O Mercado de Nadal funcionará en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.30, agás nos días 24 e 31 de decembro nos que abrirá só de mañá, e nos días 25 de decembro e 1 de xaneiro, nos que permanecerá pechado

Os comentarios están pechados.