
Fio de Martié
Complementos téxtiles para home e muller.
Complementos téxtiles para home e muller.
Moda e complementos.
Xoiaría en prata con ou sen pedras semipreciosas e esmalte ao lume.
Xoiaría en prata de 925 milésimas e pedras semipreciosas.
Bixutería e complementos en madeira e cristal e téxtil.
Mochilas, fundas de pandereta, carteiras, bolsos, pizarras portátiles, maletíns.
Complementos de téxtil.
Bixutería, ramos de flores.
Complementos artesáns en téxtil, cortiza e coiro.
Xoiaría en prata.
Minerais.
Complementos, bolsos.
Xogos de mesa de creación propia.
Piezas únicas hechas a mano a partir de material reciclado o de descarte con temática marítima.
Complementos e artigos de muller (luvas, panos, bixutería, bolsos de man).
Diseño e moda artesanal en coiro.
Aneis, pendentes, colares e pulseiras.
Xoiería: pendentes, colgantes, aneis, pulseiras, broches, colares…
Complementos con pedras naturais, aceiro e materiais antialérxicos.
Amigurumi (bonecos de la feitos a gancho).
Mochilas, camisolas, bolsas de tea, diademas, moedeiros, calendarios, láminas ilustradas, cadernos, postais.
Amigurumis, bolsos, mochilas, mascaras, carteiras.
Permanecerá aberto ata o 5 de xaneiro en horario de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:30 horas; estará pechado os días 24 e 25 de decembro e 1 de xaneiro; e só abrirá pola mañá o día 31 de decembro. Como novidade, nas últimas dúas quendas este ano o Mercado esténdese tamén a Área Central, polo que a opción será dobre entre os días 26 de decembro e 5 de xaneiro.
Durante as cinco quendas, composteláns/ás e visitantes terán a posibilidade de coñecer as creacións de 70 expositores de decoración propia da época, alimentación gourmet e artesanía (xoias, madeira, cerámica, vidro, coiro, xoguetes, téxtil, regalo orixinal, deseño…). A rúa e as casetas contarán cunha decoración coidada e ambientación musical, que transportarán o público á maxia do Nadal.
Como xa aconteceu en 2019, as tres primeiras quendas (venres 4 a mércores 9, xoves 10 a mércores 16 e xoves 17 a mércores 23) estarán dedicadas en exclusiva á decoración de Nadal e á alimentación selecta, facilitando ao público a preparación da casa e dos menús para estas datas especiais. Tanto en Carreira do Conde como en Área Central as quendas finais (sábado 26 a mércores 30 e xoves 31 a martes 5) resérvanse para os produtos de artesanía e regalo orixinal, coa data da Noite de Reis como horizonte.
O Mercado desenvolverase baixo estritas medidas de seguridade contra a Covid-19. A organización regulará o acceso do público visitante á rúa da Carreira do Conde e vixiará para que non se produzan aglomeracións. Haberá control de acceso e de aforo nos días de máxima afluencia. O paseo dos peóns pola Carreira do Conde será nun único sentido, accedéndose ao Mercado pola rúa do Xeneral Pardiñas e saíndo por Rapa da Folla. Os expositores están tamén obrigados a impedir que o público manipule os produtos, dispoñer de xel hidroalcólico e hixienizar as superficies de contacto, ademais de manter estritamente as distancias de seguridade. En Área Central respectaranse rigorosamente as normas sobre aforo e distancia social definidas para as dúas semanas nas que se desenvolve alí o Mercado.
Actividades diarias
O Mercado de Nadal leva aparellada unha completa programación musical. As actividades estarán dirixidas á infancia, ás familias e ao público en xeral e desenvolveranse baixo ríxidos criterios de prevención do coronavirus, todas con formato de pasarrúas para evitar aglomeracións. A programación iniciarase o mesmo venres día 4 de decembro pola tarde, xornada da inauguración, cos grupos ou espectáculos Os Tiruleiros, Pulpiño co seu Melocotón, Vamosindo Trío, Cé Orquestra, Tríboli Folk, O Cego na Feira, Trío DeTrés e máis Trío Par.
Creacións florais para o Nadal.
Adornos navideños, xoiería, candelabros, lámparas en pequeno formato.
Foie-gras, xamón de pato, confits e fabas con pato.
Adornos de Nadal e produtos artesáns pensados para a época.
Menaxe con ilustración navideña, cobre máscaras de Nadal e ambientadores.
Repostería vegana (turróns, pannetonni, magdalenas decoradas, brownies, trufas, galletas).
Roupa de algodón orgánico e cosmética de comercio xusto.