Navegación por
Etiqueta: xoias

Carla Alfaia   

Carla Alfaia   

Carla Alfaia presenta pezas únicas e feitas a man. Cada peza nace dun sentimento, dunha paixón que se reflexa no movemento das mans en cada un dos procesos de elaboración.

O calor do lume dalle alma á peza, deixa ver todas as súas tonalidades, todos os seus sentimentos, amósanos a parte máis entrañable da prata, vólvea dúctil, maleable, doce… Os martelos e as lastras para forxar, para darlle forma e movemento as xoias, devólvelle a dureza e o carácter para ter unha personalidade, para que a peza teña ese aura esencial que a caracteriza.

A súa simetría “asimétrica” é froito dos procesos manuais, cada pequena filigrana que compón a peza, cada enruga das pezas reticulas, cada boliña, cada acibeche labrado a man… son partes únicas e inimitables. É a fermosura do “feito a man”

Nené Son Joyas

Nené Son Joyas

En Nené Son Joyas sabemos que facer unha xoia é algo moi especial, é poñer un pouco da alma dun mesmo en cada peza.

En Nené Son Joyas atoparás produtos artesanais feitos coa calidade que cousas tan delicadas precisan, e tamén terás esa orixinalidade que buscas nos agasallos de Nadal.

 

Rosa Higuero

Rosa Higuero

O traballo é un constante fluír, e ese fluír fomenta un instante de creación que pode ocorrer soñando ou camiñando pola rúa. Así aparece unha nova idea que leva a unha nova colección, e sempre enche de vida, entusiasmo e cor”.

Rosa Higuero ofrece deseño artesanal de xoias en prata: pendentes, pulseiras, para muller, home, nena. Diferentes coleccións e modelos.

Planeta tres Zetas

Planeta tres Zetas

En Planeta Tres Zetas, indo contra o tsunami da produción en masa, creamos pezas singulares para mulleres que habitan pequenos planetas coma este.

Xoias deseñadas en distintos materiais, prata e pedras preciosas. Un novo mundo de agasallos para ti e os teus.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies