Navegación por
Categoría: Expositores 3

Listado de expositores da terceira queda do Mercado de Nadal en Compostela

The Goodmother

The Goodmother

Tarxetas de nadal, etiquetas, láminas e outros artígos de papelaría. Artígos infantís (coxíns, bandeirolas, neceseres, espellos, chapas, imáns, tazas…)

1 2 3 4 5

Floriforma

Floriforma

Floriforma componse de persoal técnico especializado en arte floral. A Consellería de Economía e Industria concedeunos o título de Artesán de Galicia. En Floriforma podemos asesorarte na decoración de eventos e grandes espazos.

Floriforma trata con mimo produtos tan especiais como as prantas e as flores para crear decoracións únicas.

dsc03004 dsc03003 dsc02970 dsc02221

Carla Alfaia   

Carla Alfaia   

Carla Alfaia presenta pezas únicas e feitas a man. Cada peza nace dun sentimento, dunha paixón que se reflexa no movemento das mans en cada un dos procesos de elaboración.

O calor do lume dalle alma á peza, deixa ver todas as súas tonalidades, todos os seus sentimentos, amósanos a parte máis entrañable da prata, vólvea dúctil, maleable, doce… Os martelos e as lastras para forxar, para darlle forma e movemento as xoias, devólvelle a dureza e o carácter para ter unha personalidade, para que a peza teña ese aura esencial que a caracteriza.

A súa simetría “asimétrica” é froito dos procesos manuais, cada pequena filigrana que compón a peza, cada enruga das pezas reticulas, cada boliña, cada acibeche labrado a man… son partes únicas e inimitables. É a fermosura do “feito a man”

Lastareixas

Lastareixas

En Lastareixas atoparás exclusivos e orixinais complementos deseñados e realizados a man en Galicia: bolsos multifunción, mochilas, bandoleiras, carteiras…

Ti elixes: podes levar as túas cousas de calquera xeito ou nun bolso con estilo propio, feito a man e con un deseño exclusivo. Seguro que non dubidas!

 

Casa Curtis

Casa Curtis

Casa Curtis trae ao #mercadonadalscq productos de alimentación moi especiais. Embutidos de caza, avestruz, touro, cervo, xabarín, ademais de queixos artesáns e licores feitos co coidado que precisan produtos tan exquisitos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR