Asociación J’aime Rever
Artigos feitos a man polo alumnado do centro de educación especial de Senegal, creado pola asociación galega sen ánimo de lucro J’aime Rever. Hai produtos elaborados con telas moi coloridas (manteis, bolsos, mantas polares, portavelas), elaborados con vimbio (caixiñas, cestas, cestos) e produtos recolectados polo alumnado na propia comunidade (froitos do baobab, esponxas naturais).