
Coas Mans Artesanía
Artesanía en cerámica e vidro. Pintura mural decorativa
Listado de expositores da terceira queda do Mercado de Nadal en Compostela
Artesanía en cerámica e vidro. Pintura mural decorativa
Tarxetas de nadal, etiquetas, láminas e outros artígos de papelaría. Artígos infantís (coxíns, bandeirolas, neceseres, espellos, chapas, imáns, tazas…)
Floriforma componse de persoal técnico especializado en arte floral. A Consellería de Economía e Industria concedeunos o título de Artesán de Galicia. En Floriforma podemos asesorarte na decoración de eventos e grandes espazos.
Floriforma trata con mimo produtos tan especiais como as prantas e as flores para crear decoracións únicas.
Creacións a patir de madeiras recicladas e outros materiais.
Bixuteria e xoiería de deseño propio e elaborada artesanalmente.
Xoiería e bixutería realizada con materiais diversos.
Unha volta ás clásicas bebidas espirituosas: licores artesáns galegos con sabores novos e un deseño moderno.
Dóces de creación artesanal: cunchas de Santiago, ferraduras de Praga, delicias de manteiga, tortiñas de noz, nogalitos, pan de frutos secos.
Produtos derivados do porco: androllas, butelos, chourizos, lombo, salchichón ou touciño.
Artesanía en coiro elaborada en Santiago de Compostela.
Complementos en coiro e pequenas xoias.
Bolsos, carteiras, moedeiros, colgantes, pulseiras, brazaletes e outros complementos en pel.
Carla Alfaia presenta pezas únicas e feitas a man. Cada peza nace dun sentimento, dunha paixón que se reflexa no movemento das mans en cada un dos procesos de elaboración.
O calor do lume dalle alma á peza, deixa ver todas as súas tonalidades, todos os seus sentimentos, amósanos a parte máis entrañable da prata, vólvea dúctil, maleable, doce… Os martelos e as lastras para forxar, para darlle forma e movemento as xoias, devólvelle a dureza e o carácter para ter unha personalidade, para que a peza teña ese aura esencial que a caracteriza.
A súa simetría “asimétrica” é froito dos procesos manuais, cada pequena filigrana que compón a peza, cada enruga das pezas reticulas, cada boliña, cada acibeche labrado a man… son partes únicas e inimitables. É a fermosura do “feito a man”
En Lastareixas atoparás exclusivos e orixinais complementos deseñados e realizados a man en Galicia: bolsos multifunción, mochilas, bandoleiras, carteiras…
Ti elixes: podes levar as túas cousas de calquera xeito ou nun bolso con estilo propio, feito a man e con un deseño exclusivo. Seguro que non dubidas!
Casa Curtis trae ao #mercadonadalscq productos de alimentación moi especiais. Embutidos de caza, avestruz, touro, cervo, xabarín, ademais de queixos artesáns e licores feitos co coidado que precisan produtos tan exquisitos.