Navegación por
Etiqueta: Quenda 2

Quale Terrae    

Quale Terrae    

En Quale achegan a natureza e os seus beneficios para alimentar a alma e fortalecer o corpo. Terapias herbais 100% naturais, perfumes e produtos de procedencia botánica. Cestas de Nadal.

Empaquetando Ando

Empaquetando Ando

En Empaquetando Ando pensamos que xa abonda de entregar agasallos envoltos en papel da tenda onde o compraches. E non porque estean mal empaquetados, senón porque moitas veces desvelan o contido sen ter que abrir o agasallo.

Empaquetar persoalmente demostra o interese que se puxo á hora de regalar. Non é complicado e pódense facer paquetes moi distintos. Tampouco é necesario gastar máis no envoltorio que no propio regalo, pero si é boa idea comprar un rolo de papel e unha cinta dunha cor que combine. Tamén podes ir gardando papeis e cintas recibas sempre que estean en bo estado.

Como ves, temos ideas dabondo para que os teus agasallos sempre destaquen.

Índica & Nórdica

Índica & Nórdica

Amantes do simple, do trópico e do norte a partes iguais, elaboran cada peza de xoiería buscando a beleza nos detalles máis sutís. Complementos, cadernos portadores de historias, inspiracións de encontros co mar e co norte.

Ánades Galicia

Ánades Galicia

Foie gras, confit e xamón de pato feitos dun xeito especial. Ánades Galicia elabora os seus produtos con aves mercadas en Francia e criadas aquí, nun bosque de castiñeiros situado en Vilardevós, para lograr un produto final que hai que probar.

Carla Alfaia   

Carla Alfaia   

Carla Alfaia presenta pezas únicas e feitas a man. Cada peza nace dun sentimento, dunha paixón que se reflexa no movemento das mans en cada un dos procesos de elaboración.

O calor do lume dalle alma á peza, deixa ver todas as súas tonalidades, todos os seus sentimentos, amósanos a parte máis entrañable da prata, vólvea dúctil, maleable, doce… Os martelos e as lastras para forxar, para darlle forma e movemento as xoias, devólvelle a dureza e o carácter para ter unha personalidade, para que a peza teña ese aura esencial que a caracteriza.

A súa simetría “asimétrica” é froito dos procesos manuais, cada pequena filigrana que compón a peza, cada enruga das pezas reticulas, cada boliña, cada acibeche labrado a man… son partes únicas e inimitables. É a fermosura do “feito a man”

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies