Carla Alfaia   

Carla Alfaia   

Carla Alfaia presenta pezas únicas e feitas a man. Cada peza nace dun sentimento, dunha paixón que se reflexa no movemento das mans en cada un dos procesos de elaboración.

O calor do lume dalle alma á peza, deixa ver todas as súas tonalidades, todos os seus sentimentos, amósanos a parte máis entrañable da prata, vólvea dúctil, maleable, doce… Os martelos e as lastras para forxar, para darlle forma e movemento as xoias, devólvelle a dureza e o carácter para ter unha personalidade, para que a peza teña ese aura esencial que a caracteriza.

A súa simetría “asimétrica” é froito dos procesos manuais, cada pequena filigrana que compón a peza, cada enruga das pezas reticulas, cada boliña, cada acibeche labrado a man… son partes únicas e inimitables. É a fermosura do “feito a man”

Os comentarios están pechados.