Navegación por
Categoría: Expositores

Listado dos expositores que participarán no Mercado de Nadal de Compostela

Quale Terrae    

Quale Terrae    

En Quale achegan a natureza e os seus beneficios para alimentar a alma e fortalecer o corpo. Terapias herbais 100% naturais, perfumes e produtos de procedencia botánica. Cestas de Nadal.

Empaquetando Ando

Empaquetando Ando

En Empaquetando Ando pensamos que xa abonda de entregar agasallos envoltos en papel da tenda onde o compraches. E non porque estean mal empaquetados, senón porque moitas veces desvelan o contido sen ter que abrir o agasallo.

Empaquetar persoalmente demostra o interese que se puxo á hora de regalar. Non é complicado e pódense facer paquetes moi distintos. Tampouco é necesario gastar máis no envoltorio que no propio regalo, pero si é boa idea comprar un rolo de papel e unha cinta dunha cor que combine. Tamén podes ir gardando papeis e cintas recibas sempre que estean en bo estado.

Como ves, temos ideas dabondo para que os teus agasallos sempre destaquen.

Índica & Nórdica

Índica & Nórdica

Amantes do simple, do trópico e do norte a partes iguais, elaboran cada peza de xoiería buscando a beleza nos detalles máis sutís. Complementos, cadernos portadores de historias, inspiracións de encontros co mar e co norte.

Ánades Galicia

Ánades Galicia

Foie gras, confit e xamón de pato feitos dun xeito especial. Ánades Galicia elabora os seus produtos con aves mercadas en Francia e criadas aquí, nun bosque de castiñeiros situado en Vilardevós, para lograr un produto final que hai que probar.

Carla Alfaia   

Carla Alfaia   

Carla Alfaia presenta pezas únicas e feitas a man. Cada peza nace dun sentimento, dunha paixón que se reflexa no movemento das mans en cada un dos procesos de elaboración.

O calor do lume dalle alma á peza, deixa ver todas as súas tonalidades, todos os seus sentimentos, amósanos a parte máis entrañable da prata, vólvea dúctil, maleable, doce… Os martelos e as lastras para forxar, para darlle forma e movemento as xoias, devólvelle a dureza e o carácter para ter unha personalidade, para que a peza teña ese aura esencial que a caracteriza.

A súa simetría “asimétrica” é froito dos procesos manuais, cada pequena filigrana que compón a peza, cada enruga das pezas reticulas, cada boliña, cada acibeche labrado a man… son partes únicas e inimitables. É a fermosura do “feito a man”

Amigurumis Jano

Amigurumis Jano

Amigurumis Jano son eu, Jano, un mozo de Lugo que fai bonecos de la desde hai dous anos. Comecei facendo Son Gokus e hoxe en día realizo todo tipo de personaxes e bonecos personalizados.

Podes atopar todo o que queiras en bonecos de trapo e senón persoalizámoscho, desde Los Suaves ata Freddie Mercury, desde Sheldon Cooper ata Batman. Os peluches están ben pero que me dis dun boneco da túa persoaxe favorita? Moito mellor verdade?

Lastareixas

Lastareixas

En Lastareixas atoparás exclusivos e orixinais complementos deseñados e realizados a man en Galicia: bolsos multifunción, mochilas, bandoleiras, carteiras…

Ti elixes: podes levar as túas cousas de calquera xeito ou nun bolso con estilo propio, feito a man e con un deseño exclusivo. Seguro que non dubidas!

 

Estilo Puratití

Estilo Puratití

Estilo Puratití ofréceche complementos para o día a día cos que facerche a vida máis fácil.

Lazos especiais, lazos para días de festa, lazos para vodas ou lazos para a noite, complementos que axudan ao tempo que che dan ese toque especial que buscas no teu aspecto.

 

Empaquetando Ando

Empaquetando Ando

En Empaquetando Ando pensamos que xa abonda de entregar agasallos envoltos en papel da tenda onde o compraches. E non porque estean mal empaquetados, senón porque moitas veces desvelan o contido sen ter que abrir o agasallo.

Empaquetar persoalmente demostra o interese que se puxo á hora de regalar. Non é complicado e pódense facer paquetes moi distintos. Tampouco é necesario gastar máis no envoltorio que no propio regalo, pero si é boa idea comprar un rolo de papel e unha cinta dunha cor que combine. Tamén podes ir gardando papeis e cintas recibas sempre que estean en bo estado.

Como ves, temos ideas dabondo para que os teus agasallos sempre destaquen.

 

El Jardín de la Abuela

El Jardín de la Abuela

El Jardín de la abuela é unha tenda dedicada a todo tipo de labores, en especial ao patchwork. Desde o 11 de xuño de 2010 comezamos esta aventura cargados de ilusión e bos desexos e abrimos as nosas portas en Santiago de Compostela.

Aquí atoparás todo aquilo que necesites para levar a cabo os proxectos que se che ocorran. Deixa voar a túa imaxinación e coa nosa axuda crearás fantásticos labores.

 

Dfieltro

Dfieltro

Dfieltro leva desde o 2011 vendendo na rede en nos mercados broches, bonecas, complementos, regalos para eventos e todo un mundo de agasallos moi especiais.

En Dfieltro podes encargar a túa bolsa de Nadal persoalizada, non sexa que o Apalpador deixe as cousas onde non corresponde.

 

 

Floriforma

Floriforma

Floriforma componse de persoal técnico especializado en arte floral. A Consellería de Economía e Industria concedeunos o título de Artesán de Galicia. En Floriforma podemos asesorarte na decoración de eventos e grandes espazos.

Floriforma trata con mimo produtos tan especiais como as prantas e as flores para crear decoracións únicas.

Cousas de Madeira

Cousas de Madeira

En Cousas de Madeira poderá atopar gran variedade de produtos de madeira tallados a man, desde esculturas ata elementos utilitarios: lámparas, atrís, soportes para tablet; ou complementos como colgantes e pendentes.

Todos os produtos da tenda son fabricados no taller de Cousas de Madeira en Rianxo (A Coruña) con técnicas, ferramentas e procesos tradicionais. As madeiras utilizadas na súa maioría son autóctonas e moitas delas recicladas de recortes e sobrantes de carpintería.

 

Nené Son Joyas

Nené Son Joyas

En Nené Son Joyas sabemos que facer unha xoia é algo moi especial, é poñer un pouco da alma dun mesmo en cada peza.

En Nené Son Joyas atoparás produtos artesanais feitos coa calidade que cousas tan delicadas precisan, e tamén terás esa orixinalidade que buscas nos agasallos de Nadal.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR